sábado, 2 de noviembre de 2013

SEXTING E GROOMING

Hoxe vamos a falar  e explicar no blog que é o sexting e o grooming.;que cada ano afecta a moitas persoas.

SEXTING

O denominado sexting consiste en compartir imaxes ou vídeos de contido sexual. Xeralmente é protagonizado por adultos que teñen algún vínculo afectivo ou que manteñen relacións virtuais. Aínda que na rede hai aunténticos expertos que suplantan identidades para obter arquivos de contido sexual que poden chegar a difundir de forma masiva cando a relación termina.


                                                ( imaxe sacada de aquí)


GROOMING

O grooming fai referencia a unha serie de conductas e accións emprendidas por un adulto co obxectivo de gañarse a amizade dun menor de idade creando así unha conexión emocional co menor e podendo posteriormente abusar sexualemente de él.
Nalgúns casos pode introducir ao menos no ámbito de prostitución infantil ou na producción do material pornográfico.

                                                       ( imaxe sacada de aquí)


DIFERENZAS

As diferenzas entre o sexting e o grooming son que no sexting se comparten directamente mediante SMS, móbiles ou redes telématicas arquivos ou vídeos de contido sexual; mentres que no grooming o que se fai é gañarse a amizade do menor para abusar de él posteriormente.
O ciberbullying tamén ten que ver con estos dous aspectos, xa que é un acoso ou maltrato escolar entre dous menores.

PARA EVITAR ESTAS SITUACIÓNS

- Pensar antes de envíar: calquera cousa que saía do teu dispositivo móbil é irrecuperable e pode chegar a calquera en calquer momento.

-Desnudez e minoría de idade; delito de pornografía infantil: a pornografía infantil é un delito cando se crea, se posee ou distríbue. Por iso, se te chegan este tipos de contidos, bórralo inmediantamente ou se crees que a súa difusión está perxudicando a alguén, pono en conocemento dunha persoa adulta.

- A imaxe é un dato persoal e cuxo uso está protexido pola lei.

-Recibir ou tomar a imaxe dunha persoa non che dá dereito a distribuíla

- Non participes coa túa acción, risa ou omisión

CASOS

Grooming-> En xunio de 2009 coñeceuse un caso de grooming  dun xovén español, que o que facía era pasarse por personalidades diferentes para contactar con ata 250 chicas  para que lle enviases fotos ou videos de contido erótico.
Se as chicas no accedían as ameazaba e chegou a tomar a posesión dalgúns dos seus ordenadores.
Finalmente foi descuberto.
Para saber máis desta noticia podedes vela nesta páxina.

Sexting-> Unha rapaza estadounidense de 13 anos envioulle ao seu mozo de 14 anos unha fotografía dela en topless. Cando romperon o chico envio a todos os seus amigos esta fotogtrafía e moitos deles a reenviaron. A consecuencia final foi que máis de 200 estudantes recibiran a foto da chica.
Para saber máis casos de sexting pódense consultar nesta páxina.

CASO EN GALICIA; SANTIAGO

Outro caso moi importante do sexting foi en Santiago, onde un rapaz de 17 anos foi detido por difundir pornografía de chicas e acosalas.
Ademáis este rapaz tamén practicaba grooming, xa que facíase pasar ao principio por unha rapaza de 16 anos para gañar a confiaza das víctimas e logo xa pasaba a ameazalas senón lles pasaba máis material, en concreto vídeos.
Grazas a unha rapaza víctima que o denunciou, está detido.
A noticia entereira pódese ver nesta páxina da  La Voz de Galicia.

Na miña opinión, paréceme horrible que unha persoa ande ameazando a menores para conseguir contido deste tipo. Debíanse tomar moitas máis medidas para parar o grooming, o sexting e o ciberbullying.




No hay comentarios:

Publicar un comentario